A homenaxe a Mella

En liñas anteriores escoitabamos a Hope, voz pouco coñecida de Ricardo Mella e que adoita ofrecer detalles íntimos da súa vida dado que para este agosto galiforniano de 2017 -onde o que prima na cidade olívica é a especulación urbanística e o total abandono do patrimonio natural, cultural e histórico- damos á luz o Vol. 3 da saga de Epifanías Libertarias: unha primeira inmersión na axitada e ignorada vida de Ricardo Mella dende a súa mocidade até o inicio do seu periplo andaluz [… ] No entanto, desta volta a efemérides escollida versa sobre unha outra historia silenciada: a do traballo de José Villaverde como impulsor do Ideario (Gijón: Imprenta «La Victoria», 1926) de Ricardo Mella. Logo, resulta común falar do busto de Mella que loce no cemiterio civil de Pereiró (Vigo), pola contra non está moi estendida a outra parte da homenaxe: a que se opuxo a ese mausoleo e deu lugar ao devandito Ideario.

Publicado en Materiais | Deixa un comentario

GaliforNia, Apátrida Galega 2017

Galifornia, Apátrida Galega 2017: breve travesía documental que ten como porto elucidar a presumible influencia das ideas libertarias de Ricardo Mella en Manoel Antonio, que poderían ter chegado ao mariño ben directamente a través de Mella -dado que coincidiron no tempo en Vigo- ou ben mediante a continuación e divulgación que levou a cabo José Villaverde, pupilo mellano e principal representante do anarcosindicalismo en Galicia dende os anos 20 até o seu fusilamento en 1936. A documentación que manexamos até o momento non é suficiente para evidenciar unha relación persoal entre Ricardo Mella e José Villaverde con Manoel Antonio; en troques, esta falta de proba documental non elimina para nós a posibilidade de que a conexión existise e estimúlanos a mergullar máis na súa procura. Ignoramos se Xosé Luís Axeitos ilumina esta cuestión na súa recente biografía Manuel Antonio: Unha vida en rebeldía posto que aínda non tivemos o pracer de lela. Pola nosa banda, damos en compartir esta escolma de casualidades co afán de colaborar a revelar o anarquismo manoelantoniano e xunto con el unha parte da historia ácrata galega.

Saúde, Terra, Amor e Rebeldía

Vigo, 25 de Xullo de 2017

Publicado en Materiais | Comentarios desactivados en GaliforNia, Apátrida Galega 2017

Os nomes do terror.

Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron, é o primeiro achegamento sistemático ao estudo dos represores na Galiza que racha con este tabú nos traballos da memoria histórica e pon en negro sobre branco os nomes, as causas e as metodoloxías usadas polo terror.

Dionisio Pereira e Eliseo Fernández coordinan para Sermos Galiza Os nomes do terror que se presentará o vindeiro 25 de xullo dentro das actividades organizadas arredor do Festigal.

Publicado en Materiais | Comentarios desactivados en Os nomes do terror.

Visca la Terra i visca l’Anarquia

«Visca la Terra i visca l’Anarquia» inclou pròlegs d’Anna Gabriel Sabaté, Núria Comerma, Vidal Aragonés i Jakue Pascual.
Partint de la mirada personal però alhora col·lectiva que la qüestió nacional té en els textos de Jordi Martí Font, aquest intenta construir una teorització i una pràctica des de l’anarquisme d’aquest tema, tenint ben clar que cal explicar i reexplicar molts conceptes previs per intentar una feina d’aquesta magnitud, per intentar obrir un debat que, tot i que sempre present, s’intenta massa sovint obviar amb cites fora de context que demostren que de dogmes n’hi ha a tot arreu i cada dia més.
«Visca la Terra i visca l’Anarquia» consta de dues parts que responen a dues intencions diverses però alhora complementàries.
La primera d’elles, amb el títol «Per la independència dels Països Catalans, la mida humana» o «En guerra, si més no moral, contra l’Estat», inclou els textos teòrics que Jordi Martí Font ha dedicat a l’anarquisme i la qüestió nacional, a la independència i l’anarquia, al catalanisme i el moviment llibertari, o digueu-li com vulgueu. Són textos no necessàriament ordenats cronològicament, de molt diversa procedència i escrits amb voluntat assagística.
La segona part, amb el títol «Un anarquista a la cort del rei Procés», aplega articles escrits per l’autor, de 2005 a maig de 2017, sobre el «Procés» d’alliberament nacional desenvolupat a l’espai catalunyès. Es tracta d’articles publicats en molt diverses capçaleres, de paper i digitals, fets públics tots ells també a través del blog Prendre la paraula que l’autor manté obert des de fa anys.

Publicado en Materiais | Comentarios desactivados en Visca la Terra i visca l’Anarquia

Premi Descontrol 2017

Des de Descontrol Editorial ens hem adonat que patim una manca de textos d’anàlisi de la nostra realitat actual. Molts dels textos que es publiquen avui dia des de les editorials alternatives són llibres antics o que estudien temes del passat. Evidentment un anàlisi crític de la historia és imprescindible per entendre el present, però també és necessari complementar-ho amb estudis que ens permetin abordar directament els temes que més ens afecten avui dia.
Un dels problemes que a vegades sorgeix és que les persones que podrien escriure o investigar sobre un tema determinat moltes vegades no poden fer-ho, ja que el treball assalariat els impedeix disposar del temps necessari. Es per això que hem decidit intentar solucionar aquesta situació. Per incentivar la publicació de textos que analitzin els problemes i qüestions actuals hem creat el Premi Descontrol.

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en Premi Descontrol 2017

Breve Viaxe hemerotérica ás profundidades da Escola de Náutica de Vigo.

Segunda achega de Epifanías Libertarias, magnífico exercicio no ámbito da investigación histórica, que consta de dous suculentos apéndices. O primeiro deles formado por:

Unha leconía: 1915-1923, creación e desenvolvemento.

1924: Desaparición e ludibrio.

Epílogo: 1925-1943.

E por último un segundo apéndice que leva por título:

José Pérez González.

Inclue un adianto de Epifanías Libertarias Vol. 2, en forma de descarga do exemplar de Solidaridad Obrera de Vigo, adicado ao 1º Congreso Regional Galaico de 1922.

Publicado en Materiais | Comentarios desactivados en Breve Viaxe hemerotérica ás profundidades da Escola de Náutica de Vigo.

Bloco a bloco desfam-se os muros

Publicado en Eventos | Comentarios desactivados en Bloco a bloco desfam-se os muros

Toda umha vida ao serviço da Galiza

Documental biográfico sobre Antom Arias Curto, histórico militante independentista.

Intervirán Augusto Fontám García e Antom Arias Curto.

Venres, 16 de xuño, ás 20:00 na libraría Andel, Avenida Camelias nº102.

Organizan Centro Social A Revolta e Local Social a Faísca.

Publicado en Eventos | Comentarios desactivados en Toda umha vida ao serviço da Galiza

Da descuberta en Bilbao do expediente de Manoel Antonio na”Escuela de Náutica de Vigo”



“Hay que sembrar la verdad a los cuatro vientos y que la recoja quien pueda”

Ricardo Mella

Hai algúns anos que un traballo para Manuel Forcadela me fixo preguntarme onde estaba a “Escuela de Náutica de Vigo” en que estudara Manoel Antonio dado que a bibliografía non mencionaba nada sobre esta. Asemade, por ese traballo, souben da misiva dende a que Manoel Antonio (M. A.) aconsellaba ao pintor Álvaro Cebreiro “estudar o anarquismo, e sobre todo a sua forma mais práitica que é o sindicalismo” e comecei a visualizar a relación entre Manoel Antonio, José Villaverde Velo e Ricardo Mella. Mais foi no 2012 cando, impactada coa publicación do inédito pasquín anarquista “O Estado” dentro das Prosas de M. A., embarquei na realización do estudo esbozado en Gallaecia Liberta: un seguimento da vida e obra destes autores que chega a Lois Pereiro e visibiliza algúns dos lazos existentes entre eles.

Porén, seguía sen saber case nada da Escola de Náutica e, ao fin, na hemeroteca do Faro de Vigo (17/07/1921) amenceu unha nova de “La Escuela de Comercio” de Vigo que facía referencia á falta de espazo no edificio da “Escuela de Artes y Oficios” ao ubicarse tamén neste, a Escola de Comercio, a de Ensinanza da Muller e a Escola de Náutica. Con esa pista dirixinme á actual EMAO para preguntarlle á Mª Jesús Cuesta de Pedro, a súa enérxica bibliotecaria, se ela sabía algo. Non tardou en darme solución: localizara un artigo, Los múltiples usos del edificio de la Escuela de Artes y Oficios de Vigo en la primera mitad del siglo XX. La otra labor social de este centro municipal de María Dolores Dúran Rodríguez (Boletín IEV, nº14/2009) con referencias á Escola de Náutica, a súa ubicación no edificio doado por García Barbón e situaba “el archivo, el material de enseñanza, y todos los documentos relacionados con dicha Escuela” en Bilbao. Sorprendida pola información, chamei a Bilbao onde, se ben nun primeiro momento non crían que ese material puidera estar alí, despois dunha pesquisa, lograron atopar dous legajos da “Escuela de Náutica de La Coruña”. Dicíanme que non os abriran polo que non sabían se dentro habería algo de Vigo. Pasou o tempo sen que puidese achegarme a Bilbao mais, hai unhas semanas, tralo convite a participar nas xornadas pola recuperación da memoria libertaria de Coruña, decidín persoarme na actual “Escuela de Náutica de Bilbao” en Portugalete. Alí estaban os dous legajos de Coruña pero con escasa información de Vigo, polo que a bibliotecaria deu en facilitarme o acceso ao arquivo histórico para que eu mesma tentase localizar a documentación. Felizmente apareceron dez carpetas con material da “Escuela de Náutica de Vigo”: comunicacións varias, presupostos ou horarios e tamén os expedientes do profesorado e do alumnado, entre os que se atopan o de Manoel Antonio Pérez Sánchez, o seu curmán Xosé Pérez Gónzalez ou os tudenses Ricardo Torres Quiroga e o seu irmán Manuel, entre moitos outros alumnos.

A “Escuela de Náutica de Vigo”, constituída por Real Decreto en 1915 mais costeada maiormente polo Concello de Vigo, sería clausurada trala fin do curso 1923-1924, ao pouco de comezar a ditadura de Primo de Rivera. Naquel verán de 1924 foran inútiles as reunións do director da Escola de Náutica, Rafael López Soler, co alcalde Adolfo Gregorio Espino para impedir o peche (El Pueblo Gallego, 31/05/1924), así como o intento de lograr que o material pedagóxico e a documentación da escola quedasen nesta cidade. A Escola de Comercio solicitou quedar co material (Faro de Vigo, 06/07/1924) e o profesorado chegou a ofrecer dar aulas gratuitamente até que se lograse a reapertura da escola (Faro de Vigo, 17/07/1924) porén, nada disto foi posible e toda esta documentación xunto con outra -aínda non localizada- foi levada a Bilbao. Ante esta situación, o futuro director de pesca na ditadura de Primo de Rivera, Odón de Buen, declaraba a unha comitiva viguesa en Madrid que “aunque no puede evitar que desaparezca la Escuela de Náutica de Vigo, gestionará se instale una Escuela de Pesca que será la primera de España” (Galicia: Diario de Vigo, 12/06/1924). Pasaron os anos, diferentes persoeiros como Manuel Lustres Rivas ou Ángel Bernárdez reivindicaron a necesidade dunha Escola de Pesca para a cidade de Vigo e incluso chegou a haber un pleno extraordinario do Concello na véspera de noiteboa de 1927 para a instalación dunha “Escuela de Pesca” (El Pueblo Gallego, 24/12/1927). Porén, sería na vila de Cangas do Morrazo onde, dirixida por Felipe Carnicer, se instalaría a considerada primeira “Escuela de Pesca” de Galicia o 19 de marzo de 1933. Pola súa banda, Vigo tería que agardar até o 15 de novembro de 1942, case 20 anos despois do peche da “Escuela de Náutica de Vigo”, para contar cunha “Escuela Media de Pesca”… Poderíamos seguir a historia e esta nos diría como esta Escola Media tamén resultaba insuficiente para cubrir as necesidades de Vigo (La Noche, 08/05/1946), un dos primeiros portos de España polo seu movemento tanto de persoas coma de peixe.

O escurantismo que hoxe sigue a pailar arredor da figura de Manoel Antonio, sobre todo se falamos da súa faciana máis ácrata, canda a limitación á hora de acceder á súa documentación impélenos a compartir este expediente para que poida ser empregado por calquera persoa que desexe achegarse ao estudo da vida e obra do rianxeiro.

Creemos na cultura libre e compartida, nese asociacionismo que leva anos suplindo as carencias educativas e culturais que o estado decreta ao reducir o gasto en educación e multiplicar o militar e policial. Por iso é que optamos por un outro xeito de ver e coñecer a historia e colaboramos con aquelas iniciativas que nacen da inquedanza do pobo por aprender e organizarse. Xiareiras de lugares de encontro como o “Centro Social Ocupado e Autoxestionado Escarnio e Maldizer” de Santiago de Compostela denunciamos a inxustiza do seu recente desaloxo así como a brutal carga policial efectuada na concentración de apoio: ao CSOA Escarnio e Maldizer, a Carlos Calvo e a Teto dedicamos este descubrimento. Hoxe, 2 de xuño de 2017, estaremos noutro destes espazos de colectividade: o CSO A Comuna en Monte Alto para falarmos da faciana máis esquecida de Mella, Villaverde e Manoel Antonio até chegar a Lois Pereiro. A historia, como adoita recordarnos Gonzalo, está feita polos vencedores. Na nosa man está reconstruíla coas voces daquelas persoas ás que intentaron vencer, pero que xamais foron vencidas.

Estade Alerta, pronto máis BööMEpifanías!

Natura e Liberdade,

Vigo, 2 de xuño de 2017

https://iriaboomdias.wixsite.com/epifaniaslibertarias

Publicado en Materiais | Comentarios desactivados en Da descuberta en Bilbao do expediente de Manoel Antonio na”Escuela de Náutica de Vigo”

Ocupar, umha maneira de luitar

A história repete-se, com a única variaçom da ubicaçom geográfica e os cenários nos que se desenvolve. A ocupaçom é umha luita contra o tempo e as lógicas dos poderes alinhados para fazer valer de maneira fatal e indefectível a qualidade e o peso dos direitos do capital perante os direitos das pessoas, neste caso organizadas para exercer o seu direito a organizar-se, reunir-se; auto-gerir as suas luitas, o seu ócio, o seu conhecimento…

Sim, consumou-se o final violento contra o Centro Social Escárnio e Maldizer. A sua vida nas entranhas de um inmóbel desocupado era um desafio. Dar-lhe umha segunda vida a aquele espaço na forma em que lho davam aquelas gentes nom era admissível. Na Corunha, comarca na que eu resido, já vivemos dous casos parecidos em relativamente pouco tempo. O caso da Casa das Atochas, sediada num prédio propriedade de umha construtora, e do CSO Palavea que tinha como ubicaçom as instalaçons de umha antiga escola de orfos, propriedade de um banco. Sempre o desenlace é o despejo do prédio, com violência física ou sempre sob ameaça policial.

Como pode haver grupos de gente nova, ou nom tam nova, com ideologia anti-capitalista, que tenham a desfazatez de ocupar espaços com destino já marcado para ensaiar um outro mundo, umha outra sociedade? Porquê nom aceitam submissos esses grupelhos, como aceita a maioria da sociedade, esse devalo imposto nas vidas das construçons, segundo o que depois do desuso vem o deterioramento progressivo, a demoliçom e a substituiçom por umha outra nova construçom?

Seguramente a gente e as instituiçons “da ordem” em Compostela preferirám ver prédios invadidos pola silveira, o lixo e as ratas do que ver espaços valeiros que vam sendo ocupados por gente com inquietaçons culturais, políticas, ambientais, cientistas, artísticas… talvez seja melhor que esses espaços se convertam em  rochos para o consumo e trafego de drogas… em qualquer caso um espaço vazio sempre se converte nalgumha cousa.

O que nom se pode admitir, sob o ponto de vista das leis do intocável mercado, é que alguém ofereça aulas de auto-defesa, música tradicional, línguas ou o que for, sem o horizonte do lucro, e deixando fora de jogo os interesses empresariais. O que nom se pode admitir sob o ponto de vista das leis desse intocável mercado, é que a auto-organizaçom popular rompa com insolência os seus planos especulativos e lhe dea uso a umha cousa cujo valor se queria cegar, sem os interesses especuladores obter benefício. Por isso se bota mao da violência policial.

A ocupaçom deixa ao descoberto o jogo perverso do capital. Num cenário de despejos habitacionais por reescisons de contratos de aluguer, ou por execuçons inmobiliárias, numha situaçom onde nom tod@s temos a mesma oportunidade de acceder a locais públicos para desenvolver atividades públicas, entre outras cousas pola perda progressiva de liberdades, é preferível para os que adirem à ordem ver locais vazios. Por isso, depois de tratar de enmudecer sem sucesso os protestos populares polo despejo do CSO Escárnio e Maldizer, taparom com bloco todos os possíveis accessos ao prédio. Agora parece umha tumba. Isto é o que querem, um silêncio sepulcral.

Mas a ocupaçom nom é um capricho, é umha necessidade. A ocupaçom para vivenda sempre existirá, ainda que quem a pratique nom leve aneis no nariz nem estensores nas orelhas, nem seja anarquista, nem comunista, nem independentista. Simplesmente existiu sempre e sempre existirá, porque todo o mundo necessita um lugar onde viver e se a um o botam desse lugar simplesmente irá para um outro, até que o botem também daí e tenha que procurar um novo acobilho. Mas tendo em conta que a direita neoliberal é bastante amiga de impôr medidas económicas que no fundo tenhem umha intencionalidade política, já veremos se muitas entidades de todo tipo que hoje nom se plantejam ocupar, num nom demasiado longíquo futuro terám ou nom que considerar tal alternativa.

Em qualquer caso, hoje quero dizer que sou ocupa no ânimo e na consciência, e o sensato hoje é ser ocupa. Estou com os companheiros e companheiras de Escárnio e Maldizer. O seu direito a existir é innegociável. Nom há Compostela que valha sem elas e eles.

Fonte:http://praza.gal/opinion/4017/ocupar-umha-maneira-de-luitar/

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en Ocupar, umha maneira de luitar