Reflexións sobre a enerxía eólica en Galiza

No ano 2009 o Grupo de Axitación Social editou un material titulado “Reflexións sobre a enerxía eólica en Galicia. Impacto Socioeconómico dos Parques Eólicos no Medio Rural Galego”. Subimos ao blogue o texto completo no que se analizan non só as consecuencias senón tamén os intereses que hai detrás das eólicas.

“A nivel absoluto, Galiza ocupaba no 2008 o segundo lugar do Estado en canto a potencia eólica instalada. Sen embargo, se relativizamos esta información tendo en conta a superficie das diferentes comunidades autónomas e o número de aeroxeradores instalados, atopamos que Galiza ocupa o primeiro lugar en intensificación e ocupación do territorio, seguida, a certa distancia, polas Comunidades de Navarra e a Rioxa, as cales contan cunha superficie moito menor que a galega.”

Texto completo Enerxía eólica

Esta entrada foi publicada en Materiais propios. Garda a ligazón permanente.