Un tempo de mala fe. Un espazo adicado ao pensamento de Nicola Chiaromonte

556ecad0c8622_nicola_chiaromonteNicola Chiaromonte escritor e  filósofo crítico coas revoltas da mocidade estudantil estadounidense, italiana ou parisina. Utópico e libertario. Individualista e solitario. O «derradeiro mestre secreto do século XX», en palabras do historiador da arte Maurice Nadeau. Enimigo dos dous grandes movementos da súa época: o totalitarismo político e o totalitarismo da máquina. Rexeitou a idea de Historia —con h maiúscula— e a confusión entre progreso humano e progreso técnico. Durante toda a  súa vida loitou por denunciar a moral da súa época, que él definira como o tempo da mala fe, e en consecuencia tratou de erixir unha ética que se lle opuxese, baseada na idea de límite.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.