A Resistencia do Dedo Medio

Somos A Resistencia do Dedo Medio. O programa feminista da Radio Piratona.

Queremos crear, con vós, un espazo feminista nas ondas da ría de Vigo. Podedes escoitarnos no 106.1 ou a través dos podcast que iremos colgando a través deste blog e nas nosas redes sociais.

A Resistencia do Dedo Medio busca ser un programa autónomo e libre, de reflexión e debate, onde nos cuestionemos todo, onde xuntas aprendamos e construamos a nosa forma de ver e estar no mundo. Un tempo no que todas as voces, todos os corpos, todas as identidades teñan cabida. Un programa no que todas sexamos visibles.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.