El Paseo de Jane. Tejiendo Redes a pie de calle

Presentación do libro “El Paseo de Jane. Tejiendo Redes a pie de calle” a cargo de Susana Jiménez.

O Paseo de Jane é un movemento de excursións cidadás inspiradas pola activista Jane Jacobs. Esta escritora, urbanista e activista americana criticou duramente os procesos de remodelación urbana das cidades americanas nos anos ‘60. 

Esta iniciativa nace da man de amizades de Jane como modo de lembrar e recuperar o traballo desta muller.

Nun momento no que a vida urbana está marcada pola soidade e polo illamento esta ferramenta pode ser útil para recuperar a rúa como espazo de encontro para a veciñanza, e tamén seren un xeito de reivindicar que as cidades poden se feitas e habitadas doutros modos.

https://elpaseodejane.wordpress.com/

Mércores 12 abril – 20:00 – Sabores de Crianza (Avenida Alcalde Gregorio Espino, nº 65 Vigo)

 

Esta entrada foi publicada en Eventos. Garda a ligazón permanente.