GaliforNia, Apátrida Galega 2017

Galifornia, Apátrida Galega 2017: breve travesía documental que ten como porto elucidar a presumible influencia das ideas libertarias de Ricardo Mella en Manoel Antonio, que poderían ter chegado ao mariño ben directamente a través de Mella -dado que coincidiron no tempo en Vigo- ou ben mediante a continuación e divulgación que levou a cabo José Villaverde, pupilo mellano e principal representante do anarcosindicalismo en Galicia dende os anos 20 até o seu fusilamento en 1936. A documentación que manexamos até o momento non é suficiente para evidenciar unha relación persoal entre Ricardo Mella e José Villaverde con Manoel Antonio; en troques, esta falta de proba documental non elimina para nós a posibilidade de que a conexión existise e estimúlanos a mergullar máis na súa procura. Ignoramos se Xosé Luís Axeitos ilumina esta cuestión na súa recente biografía Manuel Antonio: Unha vida en rebeldía posto que aínda non tivemos o pracer de lela. Pola nosa banda, damos en compartir esta escolma de casualidades co afán de colaborar a revelar o anarquismo manoelantoniano e xunto con el unha parte da historia ácrata galega.

Saúde, Terra, Amor e Rebeldía

Vigo, 25 de Xullo de 2017

Esta entrada foi publicada en Materiais. Garda a ligazón permanente.