A homenaxe a Mella

En liñas anteriores escoitabamos a Hope, voz pouco coñecida de Ricardo Mella e que adoita ofrecer detalles íntimos da súa vida dado que para este agosto galiforniano de 2017 -onde o que prima na cidade olívica é a especulación urbanística e o total abandono do patrimonio natural, cultural e histórico- damos á luz o Vol. 3 da saga de Epifanías Libertarias: unha primeira inmersión na axitada e ignorada vida de Ricardo Mella dende a súa mocidade até o inicio do seu periplo andaluz [… ] No entanto, desta volta a efemérides escollida versa sobre unha outra historia silenciada: a do traballo de José Villaverde como impulsor do Ideario (Gijón: Imprenta «La Victoria», 1926) de Ricardo Mella. Logo, resulta común falar do busto de Mella que loce no cemiterio civil de Pereiró (Vigo), pola contra non está moi estendida a outra parte da homenaxe: a que se opuxo a ese mausoleo e deu lugar ao devandito Ideario.

Esta entrada foi publicada en Materiais. Garda a ligazón permanente.