Que é Lapsus?

Lapsus, como punto de venda e distribución de carácter non comercial, ten como obxectivo fundamental difundir e facilitar o acceso a materiais que representen unha ferramenta de análise e formación crítica.

Neste proxecto de contribución ao cuestionamento da realidade na que vivimos inmersas tentamos contar coas últimas publicacións procedentes das máis importantes editoriais alternativas da península. Deste xeito, nos nosos andeis podes atopar libros editados por Klinamen, Muturreco, La Malatesta, Pepitas de Calabaza, Virus ou Traficantes de Sueños entre outras. Pero tamén revistas históricas para os movementos sociais como a Ekintza Zuzena, Salamandra, La Letra @ ou as máis recentes como Cul de Sac, Raíces ou a galega O Golpe.

Precisamente o feito de poder enriquecer o abano de publicacións dispoñibles con materiais que conteñan reflexións sobre a nosa realidade máis cercana é un dos nosos propósitos. Por este motivo, ademais de tentar contribuir á difusión de publicacións xa existentes, pretendemos actuar nós mesmas como altofalantes de este tipo de materiais sacándoos á luz en forma de libelos que poderás atopar tamén nos nosos estantes ou colgados neste blogue.